Avisos

Comprácenos anunciar que este curso 2020-21 ampliamos a nosa oferta educativa cun Ciclo de FP Básica en Agroxardinería e composicións florais.

As ocupacións que se poden desempeñar son, entre outras, peón agrícola, peón agropecuario, peón en horticultura, peón en fruticultura, peón en cultivos herbáceos, peón en cultivos de flor cortada, peón de xardinaría, peón de viveiro, peón de centros de xardinaría, peón de campos deportivos, peón de floraría, auxiliar de floraría e auxiliar de almacén de flores.

A titulación permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das seguintes familias profesionais: Agraria, Industrias alimentarias, Seguridade e medio ambiente.
 
Dispoñemos de amplas instalacións ao aire libre para o desenvolvemento deste módulo profesional.